miércoles, 19 de septiembre de 2012

E logo de Aguirre, Mas

Eperanza Aguirre xa dimitiu, grazas a Deus, e digo grazas a Deus non porque non compartise a súa ideoloxía ou política, que non compartía, senón porque non me colle na cabeza que algúen que di que non cre no Estado autonómico sexa presidenta dunha comunidade autónoma. Polo mesmo penso que Artur Mas no debe estar nin un día máis na presidencia de Cataluña. Aguirre non cría no Estado das autonomías porque se lle facía grande; Mas non cre nel porque se lle fai pequeno. Ao fin e ao cabo é o mesmo. Un señor –Mas– que non cre na autonomía de Cataluña porque aspira –lexitimamente, non o dubido– á independencia do seu país, á proclamación do Estado catalán, non pode seguir sendo nin un día máis presidente da comunidade autónoma de Cataluña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario